martes, 22 de diciembre de 2020

Premios de composición: Nuria Casas e Sara Mínguez

IV PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

20 de decembro de 2020

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presidiu no Pazo Provincial a gala dos “IV Premios  Provinciais  á  Xuventude”, a máis singular desde a creación deste certame, ao terse que celebrar cun estrito protocolo de seguridade pola pandemia. Unha gala reivindicativa e que volveu poñer de manifesto que a cultura é segura e, ademais, imprescindible.

En canto aos Premios provinciais á xuventude en Música Clásica quedou deserto o primeiro premio. O segundo foi para a pontevedresa Nuria Casas por  Impromptu, e o terceiro premio para "Asta aquí hemos sido muy corteses con las mujeres ( F. Nietche)", de Sara  Mínguez (Vigo).




martes, 15 de diciembre de 2020

Premio fin de carreira: Ismael Amoedo

Premio fin de carreira nas Ensinanzas Artísticas Superiores

Modalidade de Música, especialidade de Composición


Sanctus Iacobus «Dum Pater Familias» (2020), de Ismael Amoedo


Encomenda da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela.

Dir. Mario Diz

Estrea absoluta no ciclo «Música en Camiño»

Músca en Camiño é un proxecto vinculado ao Xacobeo 2021 patrocinado pola Fundación CEER, no que a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela comprométese coa música de nova creación e a didáctica da mesma. Participando o compositor portugués Cándido Lima como mestre convidado, catro foron as composicións que fan estrea absoluta con partituras creadas a través do proxecto expresamente.


Premio de composición: Alejandro Galansky

CreaClásica

2ª Edición

Hoxe queremos felicitar a Alejandro Galansky, ex alumno do CSMVigo na especialidade de Composición, que conseguiu o Primeiro Premio na «2ª Edición do Certame CreaClásica» coa súa obra «Xogos».


CreaClásica é unha iniciativa da Orquestra Clásica de Vigo, en colaboración coa Fundación SGAE, que  busca apoiar a creación de compositores e compositoras galegos emerxentes.





lunes, 14 de diciembre de 2020

Premios de composición: Ismael Amoedo e Manuel María Veiga

1ª Edición CreaClásica

Dende o Departamento de Composición do CSMVigo queremos felicitar aos nosos antigos alumnos Ismael Amoedo e Manuel María Veiga polos premios de composición acadados na 1ª Edición de CreaClásica.

O Concurso CreaClásica é unha iniciativa da Orquestra Clásica de Vigo e a Fundación SGAE. O seu obxectivo é dar a coñecer o traballo dos novos talentos galegos.


Veredicto do xurado do concrso «CreaClásica»

1º Premio: Tempestas de Ismael Amoedo Collazo

2º Premio: Preludio da noite sulagada de Carme Rodríguez

3ª Premio: Preludio e fuga de Manuel María Veiga







lunes, 14 de septiembre de 2020

Premio de composición: Magdalena Argibay

III CONCURSO INTERNACIONAL DE COMPOSICIÓN «MARÍA DE PABLOS»

FUNDACIÓN DON JUAN DE BORBÓN & CONCELLO DE SEGOVIA


Obra reserva: Pasatempo para as oito (2020), de Magdalena Argibay


14 de setembro de 2020

O xurado do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos, convocado pola Fundación Don Juan de Borbón e o Concello de Segovia, elixiu ás tres finalistas e tres obras reserva do certame dirixido a compositoras de tóda-las idades e nacionalidades, co obxectivo de promover a creación musical por parte das mulleres, segundo informaron a través dunha nota de prensa

As obras seleccionadas finalistas, de entre as 12 obras musicais presentadas son ‘*Ákos’, de Silvia Chairas  Rich; "Ánimas", de Carmen Rodríguez; e "Broken"  Landscapes, de María  Camahort Alejandro. Entre as obras reserva seleccionadas atópase a de Magdalena Argibay, Pasatemopos para as oito, ex-alumna de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A fase final do concurso terá lugar o próximo 12 de setembro de 2020. As tres obras finalistas serán interpretadas polo  clarinetista Francisco Gil e a pianista Isabel Pérez Dobarro nun concerto no que o xurado profesional, formado por Marisa Manchado en calidade de Presidenta, Ana Vega, Nacho de Paz, Enrique  Igoa e Mar Gutiérrez, elixirá á gañadora do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos.



María de Pablos Cerezo

Xurado profesional