jueves, 28 de noviembre de 2019

Premios de composición para Nuria Casas e Sara Mínguez

III PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE 

28 de novembro de 2019 

Dende o Departamento de Composición do CSMVigo comprácenos anunciar que as nosas alumnas de Composición, Nuria Casas e Sara Minguez,  foron galardoadas nos III Premios á xuventude na categoría de Música clásica. 

O primeiro premio foi para Nuria Casas Suárez (Pontevedra) pola obra Suite Neo Clasique 1: Prelude. O segundo premio recaeu na compositora viguesa Sara Mínguez pola obra El Jardín Flotante: Preludio, La Creación.




martes, 5 de noviembre de 2019

Premios de composición: Artur Silveiro e Juan Daniel Romero

XII CONCURSO GALEGO DE COMPOSICIÓN 

5 de novembro de 2019

Dous ex-alumnos de Composición do CSMVigo resultaron premiados no XII Concurso Galego de Composición para banda de música. O primeiro premio en sección primeira recaeu en Artur Silveiro, pola obra Raiolas, e o primeiro premio na sección terceira sobre Juan Daniel Romero, pola obra Contos na lareira.

 A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical como parte fundamentos do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.