lunes, 14 de septiembre de 2020

Premio de composición: Magdalena Argibay

III CONCURSO INTERNACIONAL DE COMPOSICIÓN «MARÍA DE PABLOS»

FUNDACIÓN DON JUAN DE BORBÓN & CONCELLO DE SEGOVIA


Obra reserva: Pasatempo para as oito (2020), de Magdalena Argibay


14 de setembro de 2020

O xurado do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos, convocado pola Fundación Don Juan de Borbón e o Concello de Segovia, elixiu ás tres finalistas e tres obras reserva do certame dirixido a compositoras de tóda-las idades e nacionalidades, co obxectivo de promover a creación musical por parte das mulleres, segundo informaron a través dunha nota de prensa

As obras seleccionadas finalistas, de entre as 12 obras musicais presentadas son ‘*Ákos’, de Silvia Chairas  Rich; "Ánimas", de Carmen Rodríguez; e "Broken"  Landscapes, de María  Camahort Alejandro. Entre as obras reserva seleccionadas atópase a de Magdalena Argibay, Pasatemopos para as oito, ex-alumna de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A fase final do concurso terá lugar o próximo 12 de setembro de 2020. As tres obras finalistas serán interpretadas polo  clarinetista Francisco Gil e a pianista Isabel Pérez Dobarro nun concerto no que o xurado profesional, formado por Marisa Manchado en calidade de Presidenta, Ana Vega, Nacho de Paz, Enrique  Igoa e Mar Gutiérrez, elixirá á gañadora do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos.



María de Pablos Cerezo

Xurado profesional