III CONCURSO INTERNACIONAL DE COMPOSICIÓN «MARÍA DE PABLOS»
FUNDACIÓN DON JUAN DE BORBÓN & CONCELLO DE SEGOVIA
Obra reserva: Pasatempo para as oito (2020), de Magdalena Argibay
14 de setembro de 2020
O xurado do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos, convocado pola Fundación Don Juan de Borbón e o Concello de Segovia, elixiu ás tres finalistas e tres obras reserva do certame dirixido a compositoras de tóda-las idades e nacionalidades, co obxectivo de promover a creación musical por parte das mulleres, segundo informaron a través dunha nota de prensa
As obras seleccionadas finalistas, de entre as 12 obras musicais presentadas son ‘*Ákos’, de Silvia Chairas Rich; "Ánimas", de Carmen Rodríguez; e "Broken" Landscapes, de María Camahort Alejandro. Entre as obras reserva seleccionadas atópase a de Magdalena Argibay, Pasatemopos para as oito, ex-alumna de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
A fase final do concurso terá lugar o próximo 12 de setembro de 2020. As tres obras finalistas serán interpretadas polo clarinetista Francisco Gil e a pianista Isabel Pérez Dobarro nun concerto no que o xurado profesional, formado por Marisa Manchado en calidade de Presidenta, Ana Vega, Nacho de Paz, Enrique Igoa e Mar Gutiérrez, elixirá á gañadora do III Concurso Internacional de Composición María de Pablos.
María de Pablos Cerezo |
Xurado profesional |
No hay comentarios:
Publicar un comentario