viernes, 13 de febrero de 2015

CONVOCATORIA: Ensemble da Aula de Música Actual (14/15)


ENSEMBLE DA AULA DE MÚSICA ACTUAL©
Departamento de Composición 
Conservatorio Superior de Música de Vigo

CONVOCATORIA DE AUDICIÓNS 2015

Convócase un proceso selectivo para o ingreso como INSTRUMENTISTA no Ensemble da Aula de Música Actual©, do Taller de Composición 2014/2015 (Dep. Composición).

PRAZAS CONVOCADAS

1 Frauta / Frautín
1 Clarinete en Sib
1 Fagot
1 Violino
1 Viola
1 Violonchelo
1 Percusión
1 Piano

INSCRICIÓN

Para poder participar nesta proceso selectivo, os aspirantes deberán enviar os seus datos persoais (nome, apelidos, especialidade á que optan, curso de instrumento e titor) á seguinte dirección de correo electrónico: juan.eiras@gmail.com

CALENDARIO

Data límite de inscrición: 6 de marzo de 2015.

Data das probas: 12 de marzo, ás 12,00 horas (Auditorio Martín Códax).

AUDICIÓNS

As audicións celebraranse nunha única quenda.

Os aspirantes deberán interpretar un fragmento dunha obra libre, sen pianista acompañante, e realizar unha lectura a vista dun fragmento proposto polo tribunal.

A duración da proba non excederá os 7 minutos.

CRÉDITOS ECTS

A participación no Ensemble da Aula de Música Actual© ten un recoñecemento de 1 crédito ECTS como disciplina Optativa.


(pulsa para ver o calendario)


Director do Ensemble: Javier Viceiro
Prof. Composición / Coordinador: Juan Eiras
_______________________________________________________________________________________________________________

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada