viernes, 25 de noviembre de 2016

Premio de composición: Xesús Xosé Iglesias

IX CONCURSO DE COMPOSICIÓN PARA BANDA DE MÚSICA E SECCIÓN SINFÓNICA

25 de novembro de 2016

Xesús Xosé Iglesias, ex-alumno de Composición do CSMVigo, resultou premiado no IX Concurso de composición para anda de música e sección sinfónica na terceira categoría, coa obra Á maneira dos aires rapsódicos

A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical como parte fundamentos do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.


 

viernes, 18 de noviembre de 2016

Premio de composición: Andrés Álvarez

HOLLYWOOD MUSIC IN MEDIA AWARDS

18 de novembro de 2016

O ex-alumno de Composición do CSMVigo, Andrés Álvarez, acudiu á gala dos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) celebrada na noite do 17 de novembro no Fonda  Theatre de Hollywood, Los Ángeles, California, para recibir a Mención de Honra pola súa composición Symphonic  Sketches




martes, 15 de noviembre de 2016

ÚLTIMA HORA: CAUSAL 16

ÚLTIMA HORA:

Por motivos organizativos, alleos ao Departamento de Composición, suspéndense as conferencias "Causal 16" ata novo aviso.


viernes, 3 de junio de 2016

Ananke - MANUEL MARÍA VEIGA

TRABALLO FIN DE ESTUDOS DE COMPOSICIÓN 2016 
Ensemble da Aula de Música Actual©

Director: Javier Viceiro-Filgueira

Profesor colaborador:  Nicasio Gradaille (piano)

Titor / Director do TFE:  Juan M. Eiras


Ananke (2016)*


*Estrea absoluta

Data: 16 de marzo de 2016
Hora: 12,00 h
Lugar: Auditorio Martín Códax - Vigo

Técnico de gravación:  Juan M. Eiras


AUCTORITAS PATRUM: Reflexión sobre regras e influencias - MANUEL MARÍA VEIGA

TRABALLO FIN DE ESTUDOS DE COMPOSICIÓN 2016 
Orquestra Sinfónica do CMUS Superior de Vigo

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Profesor colaborador:  Juan Carlos Villar del Saz Pardo (contrabaixo)

Titor / Director do TFE:  Juan M. Eiras


Auctoritas Patrum: Reflexión sobre regras e influencias (2016)*
1. Introducción
2. Materiais e métodos
3. Resultados
4. Análise lóxica
5. Análise retórica
6. Conclusión

*Estrea absoluta

Data: 16 de marzo de 2016
Hora: 12,00 h
Lugar: Auditorio Martín Códax - Vigo

Técnico de gravación:  Juan M. Eiras

martes, 24 de mayo de 2016

TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA (Obra colectiva, 2016)


TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA*

(Obra colectiva, 2016)

Ensemble da Aula de Música Actual©
Dir. Javier Viceiro-Filgueira
Idea orixinal e coordinación artística: Juan Eiras

Compositores/as: Alumnado do "Taller de Composición I" do CSMVigo

*ESTREA ABSOLUTA (WP):
20 de Maio de 2016
Auditorio Martín Códax (Vigo)
Acto Oficial das Letras Galegas 2016 do CSMVigo
---

NOTAS AO PROGRAMA

TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA é unha obra colectiva escrita polo alumnado do primeiro curso de Taller de Composición, profesor Juan Eiras, baseada no imaxinario poético de Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A obra de carácter ecléctico explora diferentes linguaxes e técnicas compositivas tratadas na materia na que se imparte, pero sen esquecer o trasfondo artístico que subxace nunha obra de estrutura calidoscópica, vertebrada por unha selección de textos de Manuel María que son introducidos por unha voz andróxina, que quere simbolizar a universalidade e atemporalidade da obra do autor.

A interpretación corre a cargo do Ensemble da Aula de Música Actual, conformado por alumnado de diferentes especialidades instrumentais, así como alumnado de Composición, baixo a dirección musical do profesor Javier Viceiro-Filgueira.

Profesorado:
Javier Viceiro-Filgueira, director musical
Juan M. Eiras Tojo, profesor de Composición e coordinador artístico

Compositoras e compositores:
María Domínguez, Flavio Sedano, Julio Domínguez, Artur Silveiro, Carolina Borja e Rodrigo Cabaleiro.

Ensemble da Aula de Música Actual:
Lucía Lugrís e Irene Parada (frautas), Juan José López, Juan Álvarez e Raúl Reyes (clarinetes), Diego Fernández (fagot), Raquel Fernández (violino), Sandra Pérez (viola), Tania Justo (piano), Fernando Vidal (percusión), Irene García e Ismael Amoedo (recitadores) e Alberto Rodríguez (proxección de vídeo).

domingo, 14 de febrero de 2016

MAGDALENA ARGIBAY LIGERO: O Faro dos Brigantes* (2015)

O FARO DOS BRIGANTES* (2015)
Magdalena Argibay Ligero

OV CSMV
Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

*Estrea absoluta

Data: 18 de xaneiro de 2016
Hora: 20,00 h
Lugar: Auditorio Martín Códax - Vigo

Técnico de gravación:  Juan Eiras