martes, 27 de octubre de 2015

CONVOCATORIA: Ensemble da Aula de Música Actual (15/16)


ENSEMBLE DA AULA DE MÚSICA ACTUAL©
Departamento de Composición - Conservatorio Superior de Música de Vigo

CONVOCATORIA DE AUDICIÓNS 2015/16

Convócase un proceso selectivo para o ingreso como INSTRUMENTISTA no Ensemble da Aula de Música Actual© do Taller de Composición 2015/2016 (Dep. Composición).

PRAZAS CONVOCADAS

1 Frauta
1 Clarinete en Sib
1 Fagot
1 Violino
1 Viola
1 Violonchelo
1 Percusión
1 Piano
2 Recitadores/as

INSCRICIÓN

Para poder participar nesta proceso selectivo, os aspirantes deberán enviar os seus datos persoais (nome, apelidos, especialidade á que optan, curso de instrumento e titor) á seguinte dirección de correo electrónico: juan.eiras@gmail.com

CALENDARIO

Data límite de inscrición: 15 de novembro de 2015
Data das probas: 17 de novembro, ás 11,00 horas no Auditorio Martín Códax

AUDICIÓNS

As audicións celebraranse nunha única quenda.

Os aspirantes deberán interpretar un fragmento dunha obra libre, sen pianista acompañante, e realizar unha lectura a vista dun fragmento proposto polo tribunal.

A duración da proba non excederá os 7 minutos.

CRÉDITOS ECTS

A  participación  no  Ensemble da Aula de Música Actual©  ten  un  recoñecemento de
1 crédito ECTS como disciplina Optativa.


Director do Ensemble: Javier Viceiro-Filgueira
Prof. Composición / Coordinador: Juan Eiras
_______________________________________________________________________________________________________________

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada