martes, 24 de mayo de 2016

TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA (Obra colectiva, 2016)


TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA*

(Obra colectiva, 2016)

Ensemble da Aula de Música Actual©
Dir. Javier Viceiro-Filgueira
Idea orixinal e coordinación artística: Juan Eiras

Compositores/as: Alumnado do "Taller de Composición I" do CSMVigo

*ESTREA ABSOLUTA (WP):
20 de Maio de 2016
Auditorio Martín Códax (Vigo)
Acto Oficial das Letras Galegas 2016 do CSMVigo
---

NOTAS AO PROGRAMA

TERRA CHÁ. APROXIMACIÓN Á ESTÉTICA DE MANUEL MARÍA é unha obra colectiva escrita polo alumnado do primeiro curso de Taller de Composición, profesor Juan Eiras, baseada no imaxinario poético de Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A obra de carácter ecléctico explora diferentes linguaxes e técnicas compositivas tratadas na materia na que se imparte, pero sen esquecer o trasfondo artístico que subxace nunha obra de estrutura calidoscópica, vertebrada por unha selección de textos de Manuel María que son introducidos por unha voz andróxina, que quere simbolizar a universalidade e atemporalidade da obra do autor.

A interpretación corre a cargo do Ensemble da Aula de Música Actual, conformado por alumnado de diferentes especialidades instrumentais, así como alumnado de Composición, baixo a dirección musical do profesor Javier Viceiro-Filgueira.

Profesorado:
Javier Viceiro-Filgueira, director musical
Juan M. Eiras Tojo, profesor de Composición e coordinador artístico

Compositoras e compositores:
María Domínguez, Flavio Sedano, Julio Domínguez, Artur Silveiro, Carolina Borja e Rodrigo Cabaleiro.

Ensemble da Aula de Música Actual:
Lucía Lugrís e Irene Parada (frautas), Juan José López, Juan Álvarez e Raúl Reyes (clarinetes), Diego Fernández (fagot), Raquel Fernández (violino), Sandra Pérez (viola), Tania Justo (piano), Fernando Vidal (percusión), Irene García e Ismael Amoedo (recitadores) e Alberto Rodríguez (proxección de vídeo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada